ADEGA alerta sobre “desaparicións casuais” dos rexistros de contaminación por NOx

ADEGA alerta sobre “desaparicións casuais” dos rexistros de contaminación por NOx

01 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

ADEGA denuncia a “desaparición” da páxina oficial da Xunta durante case toda unha xornada dos datos de contaminación con óxidos de nitróxeno (NOx) na cidade de Ourense, unha das localidades que “maiores cifras acada deste contaminante”. Os ecoloxistas advirten que hai uns valores máximos deste elemento que non se deben superar durante máis de tres horas consecutivas. De darse esa situación, cómpre avisar á poboaci&

Galicia acumula o 7% do total de emisións de óxidos de nitróxeno do Estado, con catro focos principais: a central térmica das Pontes, a refinería de Repsol na Coruña, a factoría de Alúmina en Cervo, e un centro de procesado avícola de Coren en Ourense. A organización ecoloxista alerta contra a “casual desaparición de determinados datos” que impiden á cidadanía tomar medidas para minimizar os riscos de exposicións a estas substancias. Ademais, ADEGA critica que non hai coñecemento das medicións da rede industrial e da contaminación asociada á súa actividade e ao tráfico. 

Sociedade