ADEGA critica que a clase política e xudicial nada aprendeu das leccións do Prestige

ADEGA critica que a clase política e xudicial nada aprendeu das leccións do Prestige

13 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Como cada 13 de novembro dende o ano 2002, temos unha pregunta que facérmonos. Que aprendemos do Prestige? Parece que pouco. O presidente da Xunta recoñecía onte que fronte a outro desastre similar na nosa costa Galicia está tan só “algo mellor preparada”. Se queremos concretar con cifras, sabemos que logo da maior catástrofe ecolóxica de Europa só temos un buque anticontaminación, cero portos refuxio, 80.000 toneladas de refugallos

No que respecta á resolución xudicial, o fiscal de Medio Ambiente calcula que a vista definitiva sobre o caso do Prestige resolverase no vindeiro ano. En declaracións a Europa Press, Álvaro García Ortiz, avanzou que cando estea definido o culpable da catástrofe, solicitará para el “penas de prisión privativas de liberdade. Ademais, demandou que a Xustiza sexa esixente consigo mesma para respectar unha causa, a da catástrofe ecolóxica, que merece o maior respecto, tanto polo seu impacto medioambiental como social.

Cómpre lembrar que hai pouco máis dun mes a Audiencia Provincial da Coruña revocaba a decisión da xuíza de Corcubión, que instruira a causa polo accidente, de non imputar ao ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors. Así que cos imputados xa claros e as cuestións procesuiais resoltas, o pleito eterno polo Prestige farase finito no primeiro semestre de 2010, segundo adiantou en Radiofusiòn o avogado da plataforma Nunca Máis, Alejandro Martín.

 

Sociedade