ADEGA denuncia as obras no rio Cádavo de Fene

ADEGA denuncia as obras no rio Cádavo de Fene

25 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociacion ecolóxica ADEGA denunciou esta mañán unha agresión ao rio Cádavo por culpa das obras que se realizan no tramo do rio nas inmediacións da Casa do concello. Unha obra incluida no Plan Estatal de Investimento local.  ADEGA denuncia que se está a facer unha obra que afecta de xeito significativo ao curso do río Cadavo.

Un dos problemas que achaca ADEGA é que se abríu unha zanxa de entre 20 e 30 centímetros de fondo ao longo duns 50 metros para facer un camiño de formigón, segundo ADEGA innecesario porque xa existe un acceso dende o cocnello. A obra, segundo a asociacion ecoloxista, invade totalmente a marxa esquerda do rioen toda a zona de actuación con aporte de terras e outros materiais alleos ao ecosistema fluvial, provocando o estreitamento da canle nalguns puntos.

A actuación, denuncia ADEGA, inculca a directiva de conservacions de habitats e precisa a autorización de Augas de Galicia, dependente de MedioAmbiente. Piden ao cocnello fenés que paralice esta actuación  e se subsanen os danos causados. Recomendan que invistan os cartos previstos en traballar na restauración da canle do rio e na recuperación da chamada chaira de inundación do mesmo co que se paliarian os problemas das crecidas que periodicamente afectan a Perlio e Fene.

Esta denuncia púxoa ADEGA en mans tamén de Augas de Galicia, Dir. Xeral de Conservacion da Natureza e SEPRONA, a fín de que tomen as medidas oportunas.

Sociedade