Adega organiza unhas xornadas para recuperar os hábitats dos anfibios

Adega organiza unhas xornadas para recuperar os hábitats dos anfibios

11 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O proxecto Os Pozos de Castieixas, situados no concello de Montederramo (Ourense), desenvolve esta fin de semana, 14 e 15 de febreiro, as III xornadas de voluntariado ambiental, que daban comezo o pasado verán. A actuación desenvolverase nunha finca particular, cunha extensión de 1,3 Ha, cedida en custodia co obxectivo de recuperar os pozos da zona, sinxelas construcións que almacenan au

Co proxecto Os pozos de Castieixas, o Proxecto Ríos formúlase un dobre obxectivo: manter este elemento singular da paisaxe galega e contribuír á conservación dos anfibios.

O programa do campo de traballo é o seguinte:

Sábado:

10.30 Encontro e café no Bar Troita Vilariñofrio

11.00 Roteiro explicativo polas pozas

12.00 Comezo do traballo

14.30 Xantar popular, produtos da zona (na finca custodiada)

16.00 Volta ao traballo

18.30 Albergue e visita ao pobo

21.00 Cea e o que xurda

Domingo:

10.00 Almorzo

11.00 Continuación dos traballos

14.00 Xantar

15.00 Roteiro polas charcas de Montederramo

Sociedade