Adeus a unha pioneira nas cúpulas directivas

Adeus a unha pioneira nas cúpulas directivas

28 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O último adeus a Carmela Arias y Díaz de Rábago producirase na intimidade dos máis achegados á condesa de Fenosa por expreso desexo da familia. Dende que onte se coñeceu a nova do seu pasamento, aos 89 anos de idade, senlleiros representantes do mundo económico, político e social expresaron o seu pesar pola morte de quen foi a primeira muller en España á fronte dunha entidade financieira, o Banco Pastor, con sede na Coruña. Este fe

“Sempre foi moi próxima á xente que traballaba na entidade”, contou en Radiofusiòn o vogal da Asociación de Xubilados do Banco Pastor: “Facíanos unha visita no Nadal e en fin de ano para saudar aos empregados que estabamos no edificio dos servizos centrais na Coruña, e sempre resultaba agarimosa, pero noutros eidos imaxino que amosaría máis tenacidade porque lle correspondería amosar un carácter forte”.

Empregado como mozo dos recados no ano 1963, o veterano da entidade viviu o forzoso cambio no temón provocado pola morte do Conde de Fenosa. “Naquel entón en España non había mulleres en practicamente ningunha esfera importante de decisión e mesmo no banco había moi poucos anos que empezaran a entrar a traballar xente nova e mulleres”, aclara José Antonio Rivera, quen salienta a “capacidade de adaptación” de Carmela Arias para “transformarse e facerse cargo dende unha actividade allea ás empresas”. Ela fortaleceu os alicerces do Banco e da Fundación, segundo o antigo empregado, que resistiu os rumoreados intentos de absorción “que se repetían con cada ciclo de cinco anos”.

As exequias de Carmela Arias terán lugar na intimidade durante a xornada de mañá mércores. Os que queiran despedirse da condesa de Fenosa poderán asistir ao funeral público que se desenvolverá na igrexa herculina de San Xurxo, mañá xoves ás oito do serán.

Sociedade