Admitida a trámite unha demanda dos consumidores contra Abanca

Admitida a trámite unha demanda dos consumidores contra Abanca

17 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os clientes de Abanca afectados pola cláusula de chan da hipoteca van poder adherirse a unha demanda colectiva que acaba de presentar a Asociación de Consumidores e Usuarios de Galicia. A demanda, que xa foi admitida a trámite polo xulgado de primeira instancia número 11 da Coruña, reclama que se devolvan os cartos cobrados de máis desde o momento de sinatura da hipoteca ata o ano 2013, data de supresión da cláusula de chan.

O xulgado xa lle fixo un requirimento a Abanca para que informe por escrito os usuarios afectados. Acouga pretende axilizar os trámites aos que se adhiran se o dereito comunitario lles da a razón. A entidade espera unha decisión en firme, como moi tarde en novembro. A organización de consumidores impón como único requisito para sumarse á demanda, facerse socio.

Sociedade