Adxudícanse as obras de acondicionamento da Rúa do Castro e Río Mera en Arzúa

Adxudícanse as obras de acondicionamento da Rúa do Castro e Río Mera en Arzúa

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Xunta de Goberno Local de Arzúa reuniuse está mañá para proceder á adxudicación definitiva das obras de reurbanización de dúas céntricas rúas do municipio situadas ao carón de dous centros escolares, o Colexio de Educación Infantil e Primaria e o Instituto de Ensinanza Secundaria. A empresa Canarga será a encargada de procede

Segundo apuntan desde o consistorio, a actuación prevista para acometer na Rúa do Castro darase continuidade a un ambicioso e necesario programa de actuacións desenvolvido polo goberno municipal durante os últimos anos, que mudou para ben a imaxe que hoxe en día se proxecta sobre as rúas de Arzúa.

As previsións, segundo adiantou esta mañá o alcalde da localidade, Xaquín García, son que “as obras comecen en canto remate o curso escolar para así interferir o mínimo posible no transcurso do ano académico”; aínda así é moi posible que a actuación no caso da Rúa Río Mera, que non linda expresamente cos centros educativos, “poida comezarse con anterioridade”.

A reurbanización destas dúas rúas foi unha das grandes apostas do goberno municipal que dende un primeiro momento apostou por levar a cabo esta actuación unha vez que foi posible atopar unha fonte de financiamento; o Alcalde lembrou que se trata “dunha necesidade urxente ao ser dous viais que están situados nunha zona onde numerosos veciños teñen os seus domicilios e os seus negocios” e insistiu ademais en que “na actualidade as beirarrúas son totalmente inexistentes co conseguinte perigo e inseguridade que isto supón para os alumnos que a diario acoden aos centros escolares”. De feito a mesma Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entendeu perfectamente a necesidade da actuación que se propuña dende o Concello e cedeu unha franxa de terreo que se utilizará para a ampliación do vial e a construción das beirarrúas. A ampliación dos viais tamén será posible grazas á súa contemplación no Plan Xeral de Ordenación Urbanística, aprobado a finais do pasado ano.

O proxecto de reurbanización, que se comezará a materializar en apenas 15 días, permitirá a construción de viais máis amplos, beirarrúas cómodas, lineais e seguras, iluminación apropiada, mobiliario urbano preciso, contedores soterrados e inclúe ademais a reconstrución do muro dos centros escolares.

Institucional