Adxudícanse as obras de mellora da seguridade na estrada de Arzúa a Ponte Carreira

Adxudícanse as obras de mellora da seguridade na estrada de Arzúa a Ponte Carreira

08 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Arzúa informou esta mañá que proximamente comezarán os traballos de mellora da seguridade na estrada que conduce dende este municipio ata o de Ponte Carreira. A actuación prevista executarase no tramo que se estende dende os puntos quilométricos 11,750 ata o 12,910 da estrada CP: 0604. As obras comezarán en brev

Este proxecto responde a unha solicitude efectuada polo goberno municipal arzuán ante a Deputación Provincial da Coruña para ser incluído dentro do Plan de Travesías 2009, na súa terceira fase. É o ente provincial quen custeará a totalidade do proxecto, unha vez que xa no pasado ano foi aprobada a súa realización. O Alcalde, Xaquín García, quixo agradecer publicamente á Deputación “a atención que sempre ten co noso concello, axudándonos a financiar proxectos que sempre repercuten na mellora da calidade de vida dos nosos veciños”.

De feito, a actuación que se proxecta para esta estrada e que se executará nos vindeiros catro meses, contribuirá, de maneira notable, a incrementar a seguridade nun tramo que carece na actualidade de beirarrúas e que, sen embargo, é empregado por numerosos veciños como lugar de ocio e paseo nuns casos e noutro como vía principal de entrada ao parque empresarial.

A construción de beirarrúas minguará estes problemas xa que permitirá a circulación de peóns sen necesidade de pisar a estrada; tamén contribuirá a isto a creación da senda peatonal ata o lugar de Seixas, que deixará no concello de Arzúa un sendeiro máis a través do que descubrir a fermosura da nosa paisaxe.

Institucional