Adxudican a obra do cesped artificial dos Pinares

Adxudican a obra do cesped artificial dos Pinares

16 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene adxudica a obra do cesped artificial nos Pinares á unión de empresas formada por Calfensa Proyectos S.L e Asogal Construcciones. O seu presuposto alcanza os 375.232 euros, segundo aprobou esta mañá a mesa de contratación.

O proxecto seleccionado inclue un prazo de execución de 60 dias. O vindeiro xoves a xunta local de goberno ratificará a proposta. Logo a empresa terá que asinar o contrato e redactar a acta de replanteo. Asimesmo deberá presentar un Plan de Seguridade e saúde e nomear un coordenador do Plan.

Sociedade