A AELG nomea “Escritor na súa Terra” ao vilalbés Agustín Fernández Paz

A AELG nomea “Escritor na súa Terra” ao vilalbés Agustín Fernández Paz

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) dedica a XV Edición do “Escritor na súa Terra” ao vilalbés Agustín Fernández Paz. A decisión, tomada por unanimidade de todos os seus socios, levará parella unha homenaxe ao autor chairego na súa propia vila natal. O acto terá lugar o sábado, a partir das 12.00 horas, e incluirá o nomeamento oficial do parque de As Fontiñas como Parque Agust&iacute

“O Escritor na súa Terra” é unha iniciativa anual da AELG para recoñecer a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor, unha peza escultórica asinada por un recoñecido artista galego, en concreto Silverio Rivas; a plantación dunha árbore simbólica, unha bidueira elixida polo propio autor; a colocación dun monólito conmemorativo ou a atribución do nome do homenaxeado a un espazo público; neste caso o do parque do barrio de As Fontiñas, que a partir de agora será o Parque Agustín Fernández Paz. Nos actos de homenaxe se procura que exista un contacto directo co autor e a súa implicación persoal na xornada.  

 

 

O acto, no que intervirán o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias; a secretaria da mesma organización, Mercedes Queixas Zas e o propio Fernández Paz, dará comezo contra as 12.00 horas no citado barrio, no que se levará a cabo a plantación dunha bidueira e o descubrimento dun monólito escultórico dedicado ao escritor vilalbés, así como o descubrimento da placa que atribúe o nome do homenaxeado ao parque.

 

A continuación, unha hora mais tarde, no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, entregarase a “Letra E”, peza escultórica do artista Silverio Rivas, de mans do alcalde de Vilalba, Gerardo Criado. A xornada rematará ás 14.30 horas coa celebración dun xantar de confraternidade no Parador de Turismo dda vila lucense.

 

Fernández Paz tomará así o relevo de escritores como Avilés de Taramancos, Bernardino Graña, Manuel María, Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Xosé Chao Rego, ou Luz Pozo Garza, que foron tamén receptores deste galardón

Sociedade