AETNA despide o antroido co tio Piñato

AETNA despide o antroido co tio Piñato

20 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O tio Piñato, medio home medio porco, presidiu os actos da Asociación etnográfica e da natureza AETNA en Maniños- Fene- para despedir o Antroido. Os autores do libro "Fene vai de antroido", Xosé Mª Permui e Mª Xesús Arias presentaron a publicación editada pola Deputación da Coruña e o Concello de Fene este ano. Uns corenta membros da asociación asistiron á proxección dun audiovisual sobre o Carnaval fen&e

A festa de AETNA completouse cunha exposición fotográfica arredor do Antroido da parroquia fenesa de Maniños, onde ten a sua sede a entidade. Alguns dos asistentes acudiron disfrazados e degustaron as gorentosas lambetadas con chiculate. Ao remate algúns dos asistentes tiraron das cintas dunha piñata, que tiña como premio ó proprio tio Piñato, ou as partes comestibles do personaxe: a cachola, as mans e os chourizos que colgaban do bolso da chaqueta.

Sociedade