AETNA estrea o muiño do Pombal de Maniños

AETNA estrea o muiño do Pombal de Maniños

26 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha churrascada arredor do muiño do Pombal pechará mañán sabado en Maniños, as Xornadas sobre etnografía e medioambiente , organizadas por AETNA, amigos-as do rio Baa. Sobre o "Proxecto rios" falouse na primeira xornada; sobre Bezoucos e hoxe sobre as "embarcacións tradicionais na ria de Ferrol" co historiador Bernardo Máiz.  

O historiador Bernardo Máiz é o convidado esta tarde nas Xornadas sobre etnografía e medioambiente organizdas por AETNA en Mañinos. As embarcacións tradicionais e as actividades do mar na ria de Ferrol, é o tema que se aborda esta tarde, ademais coa exposición das embarcacións tradicionais colgada no local da antiga oficina de Correos.
Mañán rematan as xornadas cunha festa no entorno do muiño do Pombal, en Maniños. O dia do socio reunirá dende as 7,30 obradoiros cun cesteiro, un seleiro e outro de vidro soprado.  As 8 AETNA explicará no muiño os seus proxectos e dende as 8,30 comezará a churrascada.
O domingo dia 5 de xuño, AETNA, vai de excursión a Parga para visitar o proxecto realizado aló baixo o nome “A rota da auga” e asistir á feira dos callos. A viaxe é aberta a quen queira. O prezo do bus e os callos ascende as 15 €.  

Sociedade