AGAL e Komunikando convídannos a musicar a Carvalho Calero

AGAL e Komunikando convídannos a musicar a Carvalho Calero

04 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) e o portal de música en galego Komunikando.net veñen de pór en marcha o certame “Musicando Carvalho Calero”. Un novo concurso que ten como obxectivo dar a coñecer e homenaxear a figura do intelectual galego, un home que segundo os promotores do proxecto, “fixo unha análise rigorosa da nos

A “Musicando Carvalho Calero” pódense presentar grupos ou solistas de calquera estilo musical. Só teñen que enviar unha canción, antes do 20 de outubro, en formato mp3 e baixo licenza Creative Commons ao correo aperloca@komunikando.net. Na páxina web do proxecto http://www.komunikando.net/musicandocarvalhocalero/ os responsables do certame puxeron a disposición dos participantes material para elaborar estes temas.

Ademais, ofrecen varias posibilidades: musicar un poema, o que mellor se adapte ó estilo do músico; facerlle algunha modificación (mudar só unha parte do poema, facer lixeiras variacións en frases ou palabras sen perder o sentido xeral ou cortar e pegar fragmentos de diversos poemas); ou facer samplers cos audios que nos facilitan.

As cancións serán penduradas no Portal Galego da Lingua ou en Komunikando.net para que todo o mundo poida gozar delas. De feito, os grupos ou solistas gañadores serán elixidos baixo un sistema mixto de votación popular vía internet e un tribunal integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira á música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos o 30 de outubro, coincidindo co centenario do nacemento de Carvalho Calero.

O premio para o grupo ou solista gañador será unha semana nun estudio profesional de música para gravar os tema que considere oportuno e tres días máis tarde para as mesturas e masterización do disco. O traballo incluirá a canción enviada ao concurso e será editado con licenza Creative Commons.

Cultura