Agamar: “As gaiolas experimentais de salmón estragan o hábitat mariño”

Agamar: “As gaiolas experimentais de salmón estragan o hábitat mariño”

17 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Asociación Galega de Mariscadores/as (Agamar) amosa o seu apoio e súmase ás mobilizacións convocadas polas confrarías das rías de Muros – Noia que se opón á decisión da Consellería do Mar de trasladar as gaiolas experimentais para as crías de salmón en catividade dende a ría de Arousa ata o polígono de Muros.

Agamar considera que con esta medida a calidade das nosas augas resultará mermada e danada, polo seu nivel de contaminación, o que implicaría o estrago do hábitat porque contamina e dana o ecosistema debido o uso de antibióticos e produtos químicos.

A asociación pon coma exemplo Chile onde a pesca artesanal viuse gravemente afectada pola contaminación salmoneira. “Nesta rexión, onde máis de quince mil persoas, perderon a súa fonte de ingresos debido a imposibilidade de extraer recursos mariños libres de contaminación”, sinala. Situación, apunta, que demostra que persisten as malas prácticas que historicamente se están a levar a cabo na industria salmoneira onde xa queda demostrado que a autorregulación e autocontrol por parte das empresas non funciona.

Porén, demandan que se antepoña a preservación do medio mariño e non os intereses das multinacionais xa que máis de cinco mil familias viven da ría e estas gaiolas estragan o seu hábitat.     

Sociedade