Agarimo de Sillobre estrea Coro Infantil nas Letras Galegas

Agarimo de Sillobre estrea Coro Infantil nas Letras Galegas

03 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Agarimo de Sillobre programa as actividades culturais das Letras galegas que abarcarán case todo o mes de maio, cun amplo abano de actos para todolos gustos. Agarimo presenta por primeira vez, coincidindo coas Letras galegas, o seu Coro infantil o sabado dia 19. Despois de ensaiar dende o mes de Outubro, os pequenos cantores amosarán as suas voces  xunto á coral infantil Voces Brancas de Carballo.

 A presidenta de Agarimo, Margarita Rguez Permuy, informou que o víspera das Letras, o 16 de maio, actuará na cafetería de Agarimo o cantante aresán, Enrique Ramil e o 17 de maio sairá de Agarimo a 3ª Andaina “Coñece Sillobre” unha ruta que levará aos camiñantes polo canal do Belelle.

O 20 de maio cantarán as Corais de adultos coas Perla del Rio e Lembranzas da Terra de valdoviño,  como convidadas.
Os actos rematan en Agarimo o 26 de maio coa agardada Velada teatral dirixida por Andrés Picallo, cuxa obra a estrear permanece de momento en segredo.

As actividades arrincan o dia 11 coa apertura da exposición de traballos manuais. Complétanse o dia 12 coa cea- baile das flores co trío café con leche. E o domingo 13 ás 7 da tarde coa entrega de premios do concurso de relatos curtos que leerán os autores e autoras.

Sociedade