Agasallo da natureza

Agasallo da natureza
22 de Agosto, 2019 - 10:26 h. | Publicada por Radio Fene

As ameixas son un agasallo da natureza, un milagre que se repite cada ano, do que debemos gozar con toda a cerimonia e respecto. As ameixas son imprescindibles nas sopas de marisco, un pouco picantes e cuns granciños de arroz. Guísanse de mil maneiras: á mariñeira, con fideos ou con chícharos.

Ameixas da ría de Ferrol

A ameixa é un molusco bivalvo da zona entre mareas das rias. Viven na area onde se mesturan a auga doce da ría e a do mar. Hai ameixa, fina, babosa, rubia ou listada e bicuda ou margarita. As xapónicas, danse moi ben, non son malas e reprodúcense moito mellor que as nosas, máis, … non son a mesma cousa.

Sociedade

Publica o teu comentario agora