Agasallos ecolóxicos e sustentabeis

Agasallos ecolóxicos e sustentabeis
30 de Decembro, 2019 - 12:55 h. | Publicada por Radio Fene

Un copo de bambú, unha crema hidratante e unha escoba de dentes son as propostas de agasallos ecolóxicos e responsábeis que nos realizan desde o Mercado da Terra na rúa Venezuela de Ferrol. Son produtos de proximidade e a xente que os elabora traballa de xeito sustentable segundo salientan Marisé Díaz e Vítor Santalha.

ESCOITA O PODCAST:
Marisé Díaz e Vitor Santalha

O establecemento, situado na rúa Venezuela ofrece só produtos de prezo xusto, con procesos de produción responsable, ecolóxica ou artesanal. É como unha tenda tradicional con todo o necesario en materia de alimentación, cosmética, hixiene persoal e limpeza do fogar.

Sociedade

Publica o teu comentario agora