AGE apoia a tractorada de Lugo

AGE apoia a tractorada de Lugo

03 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

AGE apoiará unha vez máis a mobilización dos gandeiros de mañá en Lugo. O viceportavoz de AGE, Antón Sánchez, participará na tractorada convocada para o xoves día 3 de setembro. AGE esixe á Xunta que rectifique o seu posicionamento e evite a descomposición do principal sostén do noso rural porque manter un rural vivo esixe  políticaspúblicas que interveñan para dar equilibrio. Paralelamente a Pl

Para Alternativa Galega de Esquerda, o goberno da Xunta de Galicia está a facer un exercicio de escapismo e deserción das súas funcións que pon en perigo miles de explotacións nun futuro inmediato. A cesión da soberanía do público a un oligopolio non é libre mercado, é simplemente que grandes empresas deseñen o modelo produtivo do país. Ante esta situación, o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda insta ao Partido Popular a que rectifique e asuma que as administracións públicas teñen que actuar para establecer cando menos unhas regras que impidan o abuso que sofren os gandeiros nestes momentos.

Para o viceportavoz de AGE, Antón Sánchez, o posicionamento dos gobernos tanto central como galego “ten que ser máis claro xa que ten medios e ferramentas para que distribución e industria modifiquen as súas actuacións, e para forzar un acordo equilibrado entre as partes”.

Para forzar a esta rectificación AGE apoiará a mobilización de maña en Lugo e chama á cidadanía a participar, porque non está só en xogo un sector, senón que está en xogo o futuro mesmo do medio rural.

Sociedade