Agrávase o conflicto dos traballadores de instalacións deportivas

Agrávase o conflicto dos traballadores de instalacións deportivas

11 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores das instalacións deportivas voltarán á folga a vindeira semana logo da intransixencia amosada pola patronal ante as súas demandas para o convenio colectivo deste sector. As xornadas de folga están programadas en tres fases. A primeira delas comenzará o día 19 de decembro ata o día 22, a segunda, do 16 ao 20 de xaneiro do vindeiro ano. De non terse acadado un acordo serio coa patronal os traballadores anuncian unha folga indefinida a

As tres xornadas folga que os traballadores fixeron nas pasadas semanas, non serviron para achegar as posturas da patronal e os traballadores para a firma do convenio galego de Instalacións Depotivas. As principais discrepancias siguen sendo   as relativas á parte salarial, na que a patronal só garante 749 euros en 14 pagas anuais fronte aos 1.000 euros demandados polos traballadores. O desacordo abrangue tamén o apartado das prestacións por incapacidade, que os sindicatos reclaman sexa do cento por cento dende o primeiro día de baixa, fronte ao 85 % que oferta a patronal para o segundo e terceiro mes.

Ademáis das xornadas de paro convocadas os traballadores van realizar diferentes concentracións de protesta, a primeira delas o vindeiro venres día 18 diante do Concello de Ferrol, o día 21 en Narón e o 22 novamente en Ferrol.

A voceira da Federación de Servizos da CIG, Rocío Doce, denunciou esta mañá a actitude de pasividade da Xunta de Galicia e das administracións neste conflicto, que   supón deixar a máis de 100.000 usuarios de toda Galicia sen un servizo que é público. Nese senso acusou ás administracións de “falta absoluta de respeto aos usuaios das instalacións deportivas, aos que amáis de quedar sen un servizo que están  pagando, se lles nega a devolución dos cartos correspondentes aos días de folga e incluso as follas de reclamacións”. Dende este sindicato fan un chamamento á cidadanía para que non acuda ás instalacións nos días de folga e sí presenten as reclamacións pertinentes.
 

Sociedade