Agradecemento a un mestre

Agradecemento a un mestre

11 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Facémonos eco hoxe nesta páxina dunha adicatoria que nos fixeron chegar as nais e pais do alumnado de 6º curso do colexio Centieiras de Perlio- Fene- Trátase daqueles que marchan do centro despois de 9 anos escolarizados nel.

A gratitude ao profesorado en xeral e, en particular a Humberto Dopico, é un bonito xesto que honra o labor dos mestres e a quen a remite. O comunicado dos pais e nais ven decir en definitiva que meteron aos seus pequenos e pequenas cos seus mandilonciños con tres anos e lévannos agora feitos unhas boas persoas, felices e cheos de amigos, grazas ao profesorado deste centro escolar. A mensaxe pódese escoitar aquí na sua totalidade.

Sociedade