Agradezo as pingas de humor, confesa Lucía Aldao

Agradezo as pingas de humor, confesa Lucía Aldao
16 de Xaneiro, 2020 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Hai beleza, emoción e verdade no libro de Lucía Aldao “Todo isto antes era noite”. “A poesía flípame” confesa a escritora que escribiu o seu primeiro volume, despois de máis de vinte anos adicándose á poesía oral e a música.  Afeita ao contacto directo co público, o libro é unha fórmula diferente. A xente escolle o momento da lectura e recibe os versos na intimidade.Pero agora ven presentar o libro ao clube de leitura de poesía de Ferrol.

ESCOITA O PODCAST:
Lucía Aldao no clube de leitura de Radiofusión. Radio Culleredo

 “Comendo un día con Xabier Cordal el díxome que nos empezábamos a facer maiores, cando dicimos: Todo isto antes era campo, e inmediatamente saltou a faísca do título do libro”. A seriedade molesta cando se prolonga máis de trinta segundos, afirma Lucía: “Como lectora agradezo as pingas de humor que teñen un compoñente lírico pero que nos moven da seriedade do poema”. Lucia Aldao o vindeiro luns no club de lectura de poesía de Ferrol. Ás sete e media da tarde na Biblioteca Central da Porta Nova.

Cultura

Publica o teu comentario agora