Aguirre reclama apartar das súas funcións aos sospeitosos da Gürtel

Aguirre reclama apartar das súas funcións aos sospeitosos da Gürtel

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“A min que me rexistren”. O senador do PPdeG e ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, sintetizou desta maneira o sentir dos cargos actuais e pasados do partido no Goberno da Xunta arredor das revelacións tiradas da desclasificación do sumario do caso da trama corrupta Gürtel. Os dous últimos presidentes dos populares galegos desbotaron nesta xornada calquera relación directa coa rede de prevaricación e financiamento fraudulento e mesmo insinuaron a

Dúas son as tramas que implicarían ao Partido Popular de Galicia coa trama Gürtel, segundo o que trascendeu até o de agora dos 291 tomos de documentación aos que os maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Antonio Pedreira, lles retirou o segredo xudicial. Unha das sospeitas sinala ao longo mandato de Manuel Fraga á fronte da Xunta: máis da metade dos actos electorais que o seu partido tería desenvolvido entre os anos 1996 e 1999 foron pagados con diñeiro negro. Os pagamentos non declarados e que cuestionan o financiamento do PPdeG superarían os 3 millóns de euros. O informe policial que contén as revelacións salienta que a época das infraccións coincide no tempo coa presenza de Pablo Crespo, actualmente imputado pola trama, como responsable da secretaría de Organización dos populares galegos.  O fundador do Partido Popular, Manuel Fraga, recoñeceu hoxe que tiña coñecemento dos feitos pero desbotou que haxa máis cargos políticos daquel tempo manchados polo Gürtel. “En canto sospeitamos que había algo, botámolo a patadas”, declarou Fraga sobre Crespo.

A segunda relación do PPdeG coa trama Gürtel é moito máis recente. A instrucción xudicial do caso estima que a empresa consultora SWAT axudou a amañar de xeito ilícito varias adxudicacións decretadas polo Partido Popular en Madrid. A conexión galega establécese porque a mesma empresa, que se ocupara con anterioridade das campañas electorais de José María Aznar e Manuel Fraga, foi a responsable dos lemas da carreira de Alberto Núñez Feijóo á Presidencia da Xunta de Galicia. SWAT estaría trala marca electoral “Feijó09”. Nesta xornada, o actual titular da Xunta desbotou que o Gürtel afecte aos cargos políticos do seu partido, argumentando que a investigación atinxe a “persoas que se aproveitan dos políticos para enriquecerse”. Núñez Feijóo pediu que se eviten os “xuízos paralelos” e afirmou que o PP é o primeiro interesado en que haxa unha “sentenza a fondo”.

“Feijóo débelle explicacións á sociedade galega” foi a valoración unánime das forzas da oposición no Parlamento verbo das revelacións do Gürtel. O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, respondeu a través dun comunicado que “está moi ben que Feijóo diga que se ten que investigar até o final, pero o que a sociedade galega agarda do presidente da Xunta é que dea explicacións e que diga todo o que sabe”. Ademais, Vázquez sospeita que o tesoureiro do PP estatal, Luís Bárcenas, asustou ao líder popular Mariano Rajoy ameazándoo con “tirar da manta”.

Por parte do PSdeG, o secretario xeral, Manuel Vázquez, criticou o dobre discurso do PP español, que pide “contundencia” coa corrupción, e do galego, onde, segundo o socialista “non se fai nada”. Outro socialista galego, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, demandou “altura de miras” no Partido Popular para que asuma “a responsabilidade política” que, para Caamaño, é independente da xudicial.

Sociedade