Ainda hai negacionistas

Moita xente segue sen crer na crise climática
30 de Agosto, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

A falta de concienciación ante o cambio climático é un feito. Por moitos motivos aínda queda xente negacionista ante a situación. Atopamos principalmente tres, primeiro o tecno optimismo.

ESCOITA O PODCAST:

Trátase dun pensamento que moitas persoas adoptaron como se dunha fé relixiosa se tratase. Consiste en apoiarse na tecnoloxía, no desenvolvemento humano como solución máxica a todos os problemas. “Xa inventarán algo” din eles.

Por outro lado están as grandes industrias e lobbys do mundo. Son grupos moi poderosos e influentes, con negocios xeradores de cambio climático, os relacionados con combustibles fósiles por exemplo. Levan anos presionando contra as políticas ambientais en favor dos seus intereses económicos, e en moitos casos, presionando con éxito. E por último, un erro conceptual da economía. O doutor en Antropoloxía Social Emilio Santiago explicanos con máis detalle.

Como vemos, nada pode crecer ata o infinito nun planeta finito. É fundamental que comprendamos o concepto de límite dos recursos para lograr un futuro sostible.

Sociedade

Publica o teu comentario agora