Airiños de Fene ofrece unha adaptada Xuntanza de Gaiteiros

O grupo Tiruleque actuará en directo na praza Alcalde Ramón Souto
22 de Outubro, 2020 - 10:49 h. | Publicada por Radio Fene

Mentres Airiños de Fene ultima a XXXII Xuntaza de Gaiteiros, as súas escolas de instrumentos, voz e baile siguen impartíndose, desdobradas en grupos de 8 a 10 alumnos.

ESCOITA O PODCAST:

A Xuntanza de Gaiteiros 2020 celebrarase o sábado 24 de outubro na praza Alcalde Ramón Souto de Fene, adaptada á situación sanitaria deste momento. A organización pensaba adiala ata o ano que ven pero finalmente Airiños de Fene e o concello acordaron convocar a xuntanza aínda que teña outro formato adaptado ás actuais circunstancias. Ao aire libre é mais seguro por iso cambiouse o escenario habitual dos últimos anos na sociedade Agarimo de Sillobre pola praza do concello.

Os cambios comportan tamén que a única actuación en d-recto sexa a do grupo convidado Tiruleque “un dos grupos que máis soan e mellor no panorama musical do noso país” afirma o presidente de Airiños de Fene, Valentín García Modrón. Ás 20.30h comezará a actuación deste grupo. Antes, ás 20.00h, proxectarase nunha pantalla xigante un resumo das mellores actuacións de todas as seccións da Banda Airiños de Fene dos últimos anos. Explica Valentín García que non é posible o directo con tanta xente, non se pode estar subindo e baixando do escenario tantas persoas sin levar a cabo unha limpeza dos espazos que interrumpiría e estragaría o espectáculo. A proxección farase a través do facebook da banda. A entrada é gratuíta, pero xa se poden reservar as 146 entradas dispoñibles en ataquilla.com

(Na imaxe, actuación de gaiteiros de Airiños de Fene no acto institucional do 25 de xullo en Fene)

Cultura

Publica o teu comentario agora