Airiños de Fene participa esta fin de semana no décimo cuarto Festival Intercéltico de Avilés e Comarca

Airiños de Fene participa esta fin de semana no décimo cuarto Festival Intercéltico de Avilés e Comarca

17 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Organizado pola Asociación Cultural Esbardu, o certame acadou en 2008 o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Rexional, un nomeamento que lle permitiu consolidarse dentro do panorama da música celta.

O Intercéltico de Avilés é un “festival adicado ás tradicións culturais dos chamados países celtas”.  É un certame no que a música e a danza cobran un especial protagonismo, aínda que tamén se recollen outras formas de expresión como a pintura, a fotografía, o teatro, a escultura, a artesanía, os deportes ou a gastronomía.

Airiños de Fene participou onte na inauguración do festival: na apertura musical e posterior pasarrúas interceltico. Esta tarde os compoñentes da Banda subirán de novo ao escenario para ofrecer unha actuación na que se combinarán música, baile e cantos.

Trinta e dous compoñentes de Airiños de Fene desprazáronse esta fin de semana á localidade asturiana. Segundo o presidente da agrupación, Valentín García, logo desta actuación, ás próximas citas da Banda serán en Betanzos e Porto do Son. Ademais, os responsables da agrupación fenesa xa están a organizar para comezos do mes de outubro a vindeira edición da Xuntanza de Gaiteiros.

Sociedade