Alcoa non cede.

A planta coruñesa non retira o ERE e os traballadores demandan negociar a título local e non estatal.
05 de Decembro, 2018 - 10:35 h. | Publicada por Radio Fene

Entre a planta de Avilés e da Coruña, suman 686 postos de traballo. O comité non descarta levar o caso Alcoa á Audiencia Nacional.

A Mesa consultiva rematou onte en Madrid sen un acordo. Sentaron sindicatos e dirección da empresa para negociar o ERE. O comité de empresa pediu, infructuosamente a súa retirada. A empresa dixo que xa fixo bastante retrasando a súa aplicación. O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, pon en cuestión, e así llo fixo saber a Alcoa, que non hai razón pola que o ERE da planta de Avilés e o da Coruña deban negociarse conxuntamente. Se a empresa mantén a súa actitude, os traballadores recurrirán á Audiencia Nacional.

Nunha xuntanza mantida onte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, falaron de Alcoa e conviñeron na necesidade dun marcotarifario eléctrico para as electrointendivas, como é o caso de Alcoa. O presidente da Xunta lamentou a actitude da empresa ata o momento, mentres o alcalde coruñés afirmou que apoiará calquer medida da Xunta de Galicia que garanta a continuidade da planta de Alcoa e a conservación dos postos de traballo.

Agora quedalle ao periodo de consultas ata o 15 de xaneiro. A empresa reitera a súa disposición a valorar propostas de posibles compradores.

Sociedade

Publica o teu comentario agora