Alex Blanco, virtuoso da guitarra

Alex Blanco, virtuoso da guitarra

11 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Alex Blanco da clases de guitarra na escola BellónMaceiras de Perlío. Naceu en 1983 e cursa estudios de guitarra no Conservatorio Superior da Coruña. Recoñece a Daniel Sisto, ex-guitarrista de Luar na Lubre, como unha das persoas que máis lle influiu, ao introducilo no mundo do folc.

Alex Blanco é tamén guitarrista da cantante Rosa Cedrón, con quen colaborou grabando o seu primeiro disco “Entre dous mares”. Tamén compón música, pero á hora de subir ao escenario, por riba da inspiración, sinala que é fundamental o ensaio e a rodaxe.

Alex Blanco formou parte do grupo folc Eiravedra, compartiu escenario con Dani Bellón e Diego Maceiras con quen gañou o certame de grupos noveis Runas do Festival de Ortigueira e con quen viaxou a Lorient. Asimesmo forma parte de Smooth Criminal, banda de homenaxe a Michael Jackson, con quen actuou no pasado mes de setembro no Fenerock de San Valentín.

Cultura