A alfombra máxica

Os contos son un clásico no Nadal, tempo de maxia.
14 de Decembro, 2018 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene ofrece un contacontos para bebés na biblioteca municipal, con motivo do Nadal. A compañía Babaluva será a encargada da iniciativa o 20 de decembro ás 18 horas. So hai 20 prazas e é precisa unha preincripción, gratuita.

O Concello abre este luns a incrición para o contacontos para bebés "A alfombra máxica". A actividade é gratuíta, pero as prazas están limitadas a 20, polo que é preciso anotarse entre o luns e o mércores próximos na Biblioteca Municipal. O Concello abrirá o luns, 17 de decembro, o prazo de inscrición para asistir ao contacontos “A alfombra máxica”, que ofrecerá a compañía Babaluva o 20 de decembro ás 18 horas na Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé”.

Dirixido a bebés, de 0 a 3 anos, e ós seus acompañantes, as prazas están limitadas a 20. Trátase dun espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo. “A alfombra máxica” é un “prelibro”, un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica Mirari Urruzola convida ós máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear...

A actividade é gratuíta e as persoas interesadas deben anotarse na mesma Biblioteca dende o luns e ata o mércores, 19. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Cultura

Publica o teu comentario agora