Algas na ribeira do Puntal

Algas na ribeira do Puntal
26 de Agosto, 2019 - 09:24 h. | Publicada por Radio Fene

Algo pasa coas algas. A universidade e a medicina insiste en que son un auténtico tesouro para a saúde. Témolas á beira da casa e posuen propiedades antioxidantes e antibacterianas, ademais de omega 3 e omega 6, dous ácidos graxos poliinsaturados beneficiosos para a saúde. Reducen o risco de obesidade, diabete e enfermedades cardiovasculares.

Segundo a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Paz Otero, os compoñentes bioactivos saudabeis das algas poderían utilizarse como suplementos alimenticios. Otero centrou o seu estudo en macroalgas como os espaguettis de mar e as leitugas de mar. Tamén nas fucus, algas que xa se poden adquirir no mercado. Pero hai empresas tamén especializadas na utilización de microalgas para a alimentación, a cosmética ou a agricultura ecolóxica.

Cultura

Publica o teu comentario agora