Alimentación de proximidade

Alimentación de proximidade
28 de Decembro, 2020 - 09:33 h. | Publicada por Radio Fene

Unha comida máis variada, con alimentos de proximidade e temporada, en cantidades coherentes, permite estar máis preparados para o covid 19. O coronavirus afecta máis a persoas que padecen sobre-peso e obesidade. E alimentación de proximidade é a oferta da tenda A Lela (Rúa Travesa de Fene) que o próximo 16 de xaneiro cumprirá o seu primeiro ano de vida.

Emilio Cortés da tenda A Lela de Fene

As persoas con sobre-peso falecen en maior número porque o tratamento se complica. A dieta atlántica axuda a que diminuía o colesterol, a adiposidade e o peso das persoas, segundo a Fundación Dieta Atlántica da Universidade de Santiago de Compostela. Unha alimentación sana, completa e equilibrada,a mellor garantía para manter lonxe a pandemia.
Exercicio
Facer exercicio máis dunha vez por semana asociase cun menor risco de desenvolver alzhéimer en persoas cun deterioro cognitivo leve, segundo apunta unha investigación publicada na revista Alzheimer´s Research and Therapy. O deterioro cognitivo leve advírtese cando algún  ten máis problemas coa memoria do que é normal para alguén da súa idade. A persoa sedentaria presenta un risco maior de alzheimer que a poboación xeral. O artigo indica que quen realiza unha actividade física vigorosa ou moderada durante ao menos dez minutos de tres a cinco veces por semana teñen menos risco de desenvolve a enfermidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora