Alimentación e educación física nas persoas afectadas polo cancro

Alimentación e educación física nas persoas afectadas polo cancro

01 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A importancia da alimentación e a educación física en persoas afectadas polo cancro. É o tema dunha charla que se celebrará esta tarde na Casa da Cultura de Fene, a partir das sete e media do serán. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños e veciñas sobre a necesidade de practicar deporte e manter uns hábitos de vida saudables.

Baixo o título “Alimentación e educación física: a súa importancia na atención ás persoas afectadas polo cancro”, a Concellería de Igualdade e de do Benestar e a Concellería de Xuventude, Deporte e Ocio do Concello de Fene colaboraron coa Asociación Galega de Mulleres Afectadas por Cancro de Mama “Punto e Seguido” para a realización desta actividade informativa e didáctica.
A Casa da Cultura acollerá a partir das sete e media do serán unha mesa redonda, na que se contará coa presenza e a intervención do doutor Salvador Ramos Rey, director do Centro Médico do Spa Loida. Tamén participará José Antonio Barcia Tuccelli, coordenador do obradoiro contra a fátiga oncolóxica que se está a celebrar en Fene e do que sairá unha nova convocatoria para os meses de verán.
O taller de educación física contra a fatiga oncolóxica comezará o vindeiro 10 de xullo. O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro 3 de xullo, no departamento de Xuventude, Ocio e Deporte do Concello de Fene

Sociedade