Allariz celebra esta tarde o pleno ordinario de xuño

Allariz celebra esta tarde o pleno ordinario de xuño

25 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O salón de actos do Concello de Allariz acolle ás sete e media desta tarde a reunión do pleno municipal correspondente ó mes de xuño. Entre outros asuntos falarase da solicitude de axuda económica á Consellería de Economía e Industria para o soterramento de infraestruturas eléctricas ou a aprobaci&oacu

A orde do día é a que segue:

1. Aprobación, si procede, dos borradores correspondentes ás sesións do 30/04/2010.

2. Dar conta das resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.

3. Aprobación dunha operación de tesourería co Banco Pastor

4. Solicitude de axuda económica á Consellería de Economía e Industria para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

5. Aprobación provisional da imposición da taxa e da ordenanza reguladora correspondente a taxa pola prestación do servizo do Festival internacional de xardíns.

Os importes previstos como cota de entrada neste evento serán de 1€ a entrada ordinaria, 0´50€ para xubilados e visitas en grupo e gratuíta para as persoas empadroadas no concello de Allariz.

6. Aprobación provisional, se procede regulamento do festival internacional de xardíns.

O regulamento do Festival Internacional de Xardíns inclúe as bases normativas para participar no concurso da II edición visitable dende maio a outubro do ano vindeiro.

7. Aprobación, se procede do expediente de desafectación de subsolo en dominio público (fincas F2 e F3 da AR-138) con destino a prazas de aparcamento privado.

8. Aprobación, se procede do expediente de desafectación de subsolo en dominio público (finca EL-1 da AR-107) con destino a prazas de aparcamento privado.

9. Elección do Xuíz de Paz titular

10. Moción do BNG contra os recortes sociais aprobados polo Goberno do Estado.

11. Moción do PP de rexeitamento ao anuncio do Goberno polo que se propón a conxelación das pensións.

12. ROGOS E PREGUNTAS.

Radio Allariz (107.2fm) retransmite integramente en directo esta sesión plenaria e será redifundida o sábado pola mañá.

Institucional