Allariz celebra o Samaín cunha festa celta

Allariz celebra o Samaín cunha festa celta

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Meigas, magos, druídas e ánimas animarán as rúas do Casco Histórico de Allariz este domingo 31 de outubro co gallo do Samaín. O concello alaricano celebrará  esta data cunha actividade de animación pola noite. 

O domingo, a partir das 21:00h, dándolle un carácter especial á noite do Samaín, levarase a cabo unha celebración de orixe celta, na que se festexa o remate do verán e dáse a benvida ao inverno.

Unha noite, na que as ánimas, atravesarán a porta que separa o mundo dos vivos e mortos, para pasear polas rúas alaricanas.

Sociedade