Allariz conmemora o Día contra a Violencia de Xénero coa lectura do manifesto e unha charla-obradoiro

Allariz conmemora o Día contra a Violencia de Xénero coa lectura do manifesto e unha charla-obradoiro

24 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, está a desenvolver neste mes de novembro as Xornadas contra a Violencia de Xénero. Mañá, mércores 25, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller procederase, na Praza Maior, á lectura dun manifesto en contra da violencia machista. Ademais, Irene Álvarez Del Real o

O día 27 as Xornadas trasladarase á Casa de Cultura onde os espectadores asistirán á representación teatral da obra “Os soños de Walla” que versará sobre o dereito á educación, loita contra a discriminación e a pobreza.

Para pechar esta programación adicada á erradicación da violencia de xénero, o día 30 ás 19.30h presentarase o II Plan de Igualdade para o Concello de Allariz.

Sociedade