ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Rúa Emilia Pardo Bazán vai ser sometida a unha serie de obras que culminarán coa eliminación de calquera barreira arquitectónica e que serán presentadas o venres, no salón de actos do Fogar do Maior, a partir das once e media. Ademais, haberá unha segunda presentación aberta a toda a veciñanza, o sábado, partir das sete da tarde, na Estación de Autobuses.
Estas obras serán acometidas polo Concello de Allariz en convenio coa Fundación ONCE e o IMSERSO. No acto de presentación do venres estará presente o alcalde, Francisco García, a concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego, e representantes de entidades e colectivos afectados polas barreiras, como a Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI).