ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Allariz, a través da concellería de Benestar Social, organiza, un ano máis, as Xornadas de Igualdade centradas esta edición, segundo explicaba a concelleira Pilar Gallego, “nun aspecto concreto das relacións humanas reflexionando sobre igualdades e
O Fogar do Maior será o escenario que acollerá a inauguración desta iniciativa o día 8 de marzo. Ademais da ponencia impartida por tres mulleres das asociacións veciñais de Nanín, Valverde e Roiriz, a partir das 19:30h, Mariam Bañobre presentará o seu espectáculo teatral A filla de Woody Allen.
Os martes, dende o día 9 ata o martes 23, a programación inclúe Tardes de Cinema en Ourense para as mulleres que participaron nos obradoiros. Serán espectadoras de películas catalogadas como románticas que permitan debater, ó seu remate.
As mulleres manexarán un Manual de Primeiros Coidados e os homes aprenderán Outras formas de amar como homes, en sendos obradoiros que se celebrarán os mércores 10 e 17 de marzo, respectivamente. O mércores 24, homes e mulleres xuntaranse para participar no Faladoiro “Nunca choveu que non escampara”
O Café Cultural Roi Xordo acollerá os xoves, días 11 e 25, sesións de cinema. Na primeira delas presentarase a mediametraxe “Historias de mulleres: as mulleres da Raia” cun debate final a cargo da realizadora do documental Diana Gonçalves. Tamén terán o seu espazo as curtas “O cine delas” de MR Misto Films.
As Xornadas serán clausuradas o día 26 de marzo co Fiadeiro “Unha noite no muíño...” no que participarán os grupos musicais “As Outras” , “Tánghete” e un grupo de mulleres pandereteiras da asociación veciñal de Seoane que coa súa música e o seu baile darán fin á programación das VI Xornadas da Igualdade.
Entrega premio Maiores con Iniciativa
A programación inclúe, para o venres 12 de marzo, a entrega de premios do concurso Maiores con Iniciativa no que participou o Concello de Allariz co proxecto “As herbas mediciñais” realizado por 150 mulleres alaricanas.
Representantes da Xunta de Galicia e Fundetec achegaranse ata Allariz para entregar o premio que este proxecto recibía en Madrid a semana pasada.