Allariz recibiu unhas catro mil persoas na Semana Santa

Allariz recibiu unhas catro mil persoas na Semana Santa

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Oficina de Información Turística de Allariz fixo reconto estes días das persoas que visitaron a vila durante as vacacións de semana santa, resultando un balance total, segundo os seus datos, de entre 3.600 e 4.000 persoas.

O técnico encargado da oficina de información de Allariz afirma que nos días máis fortes a vila recibiu a visita dunha media de entre 200 e 300 persoas ao día, a pesar do mal tempo.

Do total de visitas recibidas en Allariz, preto dun 80% foron persoas de Galicia, sobre todo da zona norte (A Coruña, Ferrol, ...), e do 20% restante, predominan as persoas procedentes de Madrid e de Asturias.

Sociedade