Alonso de Lanzós contra Os lobos de Moeche

Alonso de Lanzós contra Os lobos de Moeche

10 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un dos dirixentes da segunda revolta irmandiña, Alonso de Lanzós protagoniza a historia en banda deseñada, Os Lobos de Moeche. Con Manel Craneo, persoeiros de ficción e da realidade misturanse nun relato duns episodios que fixeron tremer á nobleza galega na segunda metade do século XV.

Segundo indica Ramón Villares no seu libro A Historia, publicado en Vigo en 1984:

 

“A grande guerra irmandiña tivo lugar nos anos 1467-1469, se ben os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaran algún tempo antes, a instancias de Alonso de Lanzós e co apoio de varios concellos (Betanzos, A Coruña, Ferrol, Lugo …) que actuaron de verdadeiros motores iniciais do movemento. As malas colleitas e pestes destes anos, fixeron bulir a revolta popular que,  a diferencia da irmandade fusquenlla, adquire un carácter de auténtica guerra civil, pola extensa participación social que acaba tendo. Segundo din algúns testemuños do pleito Tavera- Fonseca, os irmandiños serían arredor dos 80.000, número moi abultado, ainda tendo en conta a verdadeira organización reticular que acadou a Santa Irmandade Xeral e a participación ampla que reputan as crónicas que tiveron os campesiños no exercito irmandiño.

(…)

O protagonismo dos irmandiños, se reparamos nos seus principais xefes, corresponde á baixa nobreza. Tres grandes dirixentes irmandiños pertenecían a este grupo: Pedro de Osorio, que actuou no centro de Galicia, con preferencia en terras de Compostela, Alonso de Lanzós, que campou polo norte e Diego de Lemos, que dispuxo o movemento no sur lugués e norte ourensán.

(…)

Arredor de 130 castelos ou torres fortes foron desmanteladas polo ciclón irmandiño ó longo dos dous anos que duraron as accións de guerra.

(...)

Em 1469, Pedro Madruga inicia o contraataque feudal, vindo de Portugal coas súas tropas aviadas con modernos arcabuces, ás que se lle xuntan logo as do arcebispo compostelán e outros nobres, que rematan por derrotar aos exércitos irmandiños e prender ou matar aos seus dirixentes”.

 

 

 

Sociedade