Alto cargo da Xunta imputado por presuntas falsedades

Alto cargo da Xunta imputado por presuntas falsedades

01 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O actual presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Antonio José Bone Pina,, foi chamado a declarar como imputado polo Xulgado de Instrucción 1 de Santiago polas presuntas falsedades atopadas nas cartas que remitiu aos veciños afectados polo porto seco, en Salvaterra e As Neves. Na misiva indicabase que un decreto do goberno bipartito fixando as indemnizacións que lle correspondían aos expropiados, fora tramitado sen ser analizado, nin autorizado nin aprobado pola A

A Plataforma de Afectados pola Plisan esgrime pola contra as actas das reunións celebradas entre os promotores da Plataforma Loxística, onde se reflicten que os distintos borradores de convenios foron debatidos e que ata 8 cuestións foron rectificadas desde o primeiro borrador entregado o 19 de decembro do 2008 ata o texto definitivo publicado no Diario Oficial de Galicia.

Os afectados recorren agora á vía penal e amplían a denuncia a sospeitas de prevaricación, ao soster que se puido ter tomado acordos a sabendas de ser inxustos. A declarar como testemuñas serán citados Rosa Losada, anterior  Secretaria da Conselleira de Vivenda e Solo; Eudosio Álvarez, anterior delegado da Consellería en Pontevedra; Bárbara Fernández, xerente de Xestur; Daniel Pino, presidente do IGVS no anterior goberno; Teresa Pisano, delegada de Zona Franca de Vigo; Rosa Eguizábal e Beatriz Colunga por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.

Os afectados levan 125 días pechados no salón de plenos do Concello de Salvaterra do Miño (Pontevedra).

Sociedade