Alumnado de Arquitectura da Coruña pechado contra os recortes

Alumnado de Arquitectura da Coruña pechado contra os recortes

30 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O grupo Acampada ETSAC, formado por estudantes universitarios da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, prosigue coas convocatorias de encerros nocturnos na ETSAC para continuar co movemento de protesta contra as políticas de recortes, en especial as acadadas no eido do ensino. Queren implicar a toda a comunidade da UDC coa intención de lograr unha mobilización conxunta na Universidade coruñesa.

Tras o éxito das convocatorias das anteriores quendas de reivindicación do ensino público na que participaron ata 70 universitarios da UDC, fan un novo chamamento á protesta. Nesta ocasión programouse ás 17 horas un debate sobre o novo plan de estudos e a súa posible reforma na escola de Arquitectura, para abordar os problemas que poideron xurdir dende a implantación do plan; incluíndo o funcionamento dos talleres, a coordinación do profesorado, os problemas coa matricula ou a utilidade do Plan de Acción Titorial.

Incluen no programa outra asamblea ás 19h para debatir acerca das polémicas modificacións de competencias en diversos sectores profesionais, centrándose na arquitectura neste caso. Nesta asamblea estarán presentes representantes da dirección do centro, do Colexio de Arquitectos de Galicia, da Asociación de Xóvenes Arquitectos de Galicia e do alumnado da ETSAC. Tratarase de atopar una postura común e medidas de defensa da profesión.

Como peche das actividades proporáse aos candidatos a representantes de alumnos que expoñan as súas ideas de cara ás eleccións do 5 de febreiro e un posterior debate co resto do alumnado sobre a organización da delegación de alumnos. 

Acampada ETSAC é un movemento estudantil composto por compañeiros universitarios unidos, a participación é libre e a título individual, sen representacións de organizacións estudantís ou inclinación política. Así mesmo, Acampada ETSAC forma parte da asamblea aberta de estudantes “UDC en Loita”

Sociedade