Amigos da Terra inicia un curso para formar en cooperación ao desenvolvemento sostible

Amigos da Terra inicia un curso para formar en cooperación ao desenvolvemento sostible

20 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O colectivo ecoloxista Amigos da Terra en colaboración ca Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), organiza o curso de “Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente”, que dá comezo hoxe coa parte teórica e que continuará cunha segunda fase prác

Segundo Judith Sign, responsable de Amigos da Terra, a importancia do medio ambiente en cooperación ao desenvolvemento é descoñecida para a maior parte dos axentes da cooperación galega, por este motivo o curso convértese nunha ferramenta imprescindible para formar as ONGDs en cooperación ambiental, facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre ONGDs e asociacións ecoloxistas sobre temas de cooperación e medio ambiente e contribuír para que o medio ambiente sexa aplicado de xeito transversal na cooperación, tal e como o recolle o Plan Director de Cooperación Galega 2006-2009.

Sociedade