Amigos do Museo de Vilalba programan unha visita a Soneira para o sábado

Amigos do Museo de Vilalba programan unha visita a Soneira para o sábado

22 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación vilalbesa “Amigos do museo de Vilalba” está a organizar unha excursión ás terras de Soneira, onde visitarán lugares emblemáticos dentro da cultura megalítica galega. Os asistentes á marcha poderán visitar varios sepulcros megalíticos como son os casos do Dolmen de Dombate, o Castro de Borneito ou as Torres do Allo.

O día elixido será o vindeiro sábado 27 de xuño. A saída, programada para as 09.00 horas, será desde a propia capital chairega e regresarase  a Vilalba sobre as 20.00 horas. Aqueles que estean interesados en acudir a esta actividade poderán inscribirse, ata o mércores 24, por correo electrónico, na dirección amigos@museovilalba.org; por teléfono, no 982 511 383; ou no propio edificio do Museo, na rúa Domingo Goás nº 2.

Sociedade