Amor e amizade

Amor e amizade
14 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“O que nos moveu e o que nos inspirou foi a nosa vida e as nosas experiencias. Saíunos un disco moi cargado de amor e de amizade. Moi humano e orgánico”. Así describe Vituco Neira o novo disco de Ruxe, Ruxe. Falamos con el no programa Sons de Nós.

ESCOITA O PODCAST:

'Unha noite no interior dunha faísca' é o título deste novo traballo. Conta con doce temas escritos por Vituco Neira nos que Ruxe Ruxe regresa ao punk californiano pero tamén explora un ska con aires de swing. Tralo éxito de presentación na Sala Capitol, Neira anuncia en Radiofusión un concerto moi especial que terá lugar o vindeiro 19 de maio. “Será na Praza da Quintana, unha das prazas emblemáticas da nosa cidade, nas festas da Ascensión e celebrando o 60 aniversario da SD Compostela. Vai ser unha noite ben bonita”.

Na imaxe, os compoñentes do grupo Ruxe Ruxe.

Fotografía: Ruxe Ruxe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora