Amor polas árbores

Amor polas árbores
26 de Setembro, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene impulsou en marzo de 1981 un programa de plantación de árbores en todos os centros escolares do municipio. Coincidia coa celebración do Dia Forestal Mundial o 21 de marzo.

Xosé María Rivera Arnoso plantando unha árbore no colexio O Ramo de Barallobre

A Corporación democratica resultara elixida en abril de 1979. Escolleu alcalde a Xosé Maria Rivera Arnoso (BN-PG)  e encontrouse cun panorama desolador en canto a colexios. A rapazada era numerosa en todas as parroquias e non houbera previsión para a súa escolarización.

O colexio O Ramo de Barallobre abreu as súas portas o 6 de febreiro de 1979 despois da presión cidadán porque a obra estaba rematada pero o Ministerio de Educación era reticente á súa apertura. A inauguración oficial foi o 27 de marzo. Empezou con 648 alumnos e alumnas, pero o Concello tivo que xestionar a instalación duns módulos en Maniños e alugar o antigo cine Cardoeiro para impartir aulas. Ademais funcionaban a escola Curros Enriquez, a da Armada, a do Souto Grande e a de Magalofes. No Ramo escolarizouse Barallobre, Maniños e Magalofes, pero as súas instalacións axiña quedaron pequenas.

Cultura

Publica o teu comentario agora