Ana Miranda (BNG): “Zapatero non ten un compromiso real coa reactivación de Navantia”

Ana Miranda (BNG): “Zapatero non ten un compromiso real coa reactivación de Navantia”

14 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG denuncia que o presidente do Goberno central, Jose Luis Rodríguez Zapatero, non está a cumprir o seu compromiso de aproveitar a presidencia de quenda na Unión Europea para pedir o levantamento do veto a Navantia. A voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, referiu nos micrófonos de Radiofusión dous feitos que, na súa opinión, sustentan esa teoría. O comisario español Joaquín Almunia non fixo ningunha referencia á rea

Ana Miranda destacou que as axudas ilegais que recibiu Navantia xa están devoltas e que nesa situación o Goberno pode xa solicitar o levantamento do veto que impide a construción civil nos estaleiros da ría de Ferrol. “O que cómpre preguntarse é se Zapatero quere, ou non, apostar pola industria naval”, argumentou.

A voceira do BNG en Bruxelas lembrou tamén que na Unión Europea existen precedentes que avalan as aspiracións de Navania, en referencia á modificación do veto que pesaba sobre os estaleiros polacos. “Exisimos o mesmo trato que o dispensado a Polonia”, concluíu.  

Sociedade