Ana Pontón conducirá a refundación do BNG

Ana Pontón conducirá a refundación do BNG

21 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O dereito a decidir dos galegos e das galegas será unha das pedras angulares do novo proxecto político que sairá da Coruña o vindeiro vinteoito de febreiro. Ana Pontón exercerá, con toda probabilidade, como portavoz no proceso de refundación do Bloque Nacionalista Galego. Os prazos, os ritmos e as formas decidiranse nos vindeiros meses. Pero a convocatoria de eleccións xerais anticipadas -para finais de xuño se Pedro Sánchez non logra ser

A deputada Ana Pontón é a candidata á Portavocía nacional do BNG ao encabezar a lista de cincuenta persoas aprobada hoxe polo Consello Nacional para a renovación deste órgano de dirección, unha proposta que será sometida á consideración da militancia na XV Asemblea nacional do 28 de febreiro.
Por primeira vez será unha muller a chamada a liderar a formación nacionalista coa responsabilidade de conducir un proceso de refundación que o Bloque emprenderá sobre as bases do que decida a militancia o 28F, proceso de refundación co que aspira a recuperar o apoio social desde o convencemento de que Galiza precisa un proxecto nacionalista como o que representa o BNG.
“É emocionante que unha muller sexa candidata a portavocía nacional por vez primeira, pensamos vai ser moi ben recibido polas militancia e pola base social”, salientaba Goretti Sanmartín número dous da candidatura, “somos audaces, rebeldes e con moitas ganas de traballar”, subliñou en referencia ás mulleres que integran unha lista con importante presenza de xente moza, de referentes do traballo municipal e social e que pecha simbolicamente o portavoz parlamentario, Francisco Jorquera.
Os quince primeiros nomes desa candidatura corresponden ás persoas propostas para conformar a Executiva nacional. Ademais de Pontón e Sanmartín, inclúe a Xosé Luis Rivas, Mini, Noa Presas, Rubén Cela, Carmen da Silva, Nestor Rego, Olaia Ledo, Bieito Lobeira, Obdulia Diniz, Xosé Emilio Vicente, Montse Prado, Xosé Manuel Marcote, Alba Feixó e Luis Pérez Barral.
Sociedade