Anasor Ed Searom reinventa a estética surrealista na Fundación Granell

Anasor Ed Searom reinventa a estética surrealista na Fundación Granell

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Unha reinterpretación da estética surrealista. Iso pretende propoñer a artista brasileira Anasor Ed Searom. As súas obras expóñense na Fundación Eugenio Granell, na Praza do Toural de Santiago de Compostela.

Ata o día 17 de maio poderemos ver na Fundación Granell, unha nova entrega do Ciclo Xóvenes poéticas surrealistas, orientado a aqueles novos valores da arte que utilicen como eixo fundamental da súa obra, procedementos ou técnicas que supoñan unha reinterpretación da estética surrealista. mostra é a primeira exposición individual da xoven artista brasileira Anasor Ed Searom en España, e está composta por óleos sobre lenzo e debuxos. As pezas presentadas, abordan dende unha perspectiva actual da poética surrealista, a recreación de obras da arte occidental que constitúen auténticas iconas da nosa cultura. As pezas presentadas están agrupadas en 3 series de  óleos sobre lenzo -tituladas  Mitológicas, Serie Renbrant e Serie Caravaggio- e unha serie de debuxos eróticos,- de título Esbocetos- onde, en palabras da artista, se funden a “pornografía”, o sagrado e a éxtase...

 

Na peculiar apropiación que se realiza a partir das reproducións das obras escollidas, procedemento que a artista nomea como -unhas veces mediante a reunión e a combinación de elementos de dúas ou mais delas nunha única peza, noutras incorporando discretos elementos alleos á mesma.... a colaxe amosásenos como procedemento que infire unha nova estrutura sintáctica á peza, xerando novos contidos e unha nova estrutura compositiva, o cal confire unha forma diferenciada ás imaxes das que se parte para realizala acción poética.En base ós procedementos mencionados, a artista consigue crear unha percepción totalmente onírica de obras clásicas sedimentadas no noso imaxinario colectivo cunha lectura unívoca, pechada... Son obras que tipificamos como modelos académicos que foron, e son aínda, instrumentos validos para o ensino das Belas Artes, e hitos para a  Historia da Arte occidental.

 

Para o que a artista utiliza elementos visuais que potencien algunha das lecturas posibles da obra, o cal  ataca directamente á súa identidade visual de modo moito máis sutil: o espectador sábese ante unha imaxe familiar, pero non a identifica de xeito inmediato.A artista consegue un primeiro aceno de empatía có público, mediante un engano visual. Ten que facernos crer que o que vemos é Rembrant ou Bernini, para o que selecciona fragmentos de obras que teñan  entidade por si mesmos, coa fin de que se identifiquen coma motivos característicos do artista escollido. Ademais de exercer unha aproximación ás técnicas tradicionais de representación utilizadas na creación da obra orixinal. Por exemplo crea unha especie de conceptual trompe l´oeil , ao transferir imaxes dixitais a soporte lenzo, e facernos crer que estamos diante dunha obra de pintura antiga, ó retoca-la imaxe transferida, con pintura ó óleo.

Sociedade