Anciano morto en accidente de tráfico en Vedra

Anciano morto en accidente de tráfico en Vedra

05 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Unha persoa de 74 anos resultou morta esta mañá nun accidente de tráfico acontecido no Concello de Vedra nas inmediacións de Santiago de Compostela. O falecido circulaba como acompañante nun turismo que saiu da estrada DP-8901 no quilómetro 1 ás 10 desta mañá, segundo informa a agrupación de Tráfico da Garda Civil.

O automobil saiuse da via caendo por un desnivel pronunciado perto da vía do tren. No accidente tamén resultou ferido grave o condutor do vehículo, J.M.L.C, de 77 anos..

Sociedade