Ancora Produccións oferta a “Homesoga” como alternativa profesional para os colgados

Ancora Produccións oferta a “Homesoga” como alternativa profesional para os colgados

28 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A incrible historia de Homesoga, o colgado de Celeiro, é o último logomono de Gustavo Pernas, que interpreta a este particular personaxe no último espectáculo de Ancora Produccións, Colgados, dirixido por Ánxela G. Abalo. Unha obra especialmente indicada para tempos de crise nos que hai moito colgado. Por iso, se tes algún problema grave, el cólga

“Colgarse polos demais é un servizo público, ou non? Papá non quixo seguir coa soga familiar que iniciaran os meus antergos. Homesoga, dicíanlle, como a meu avó, e ao avó do meu avó. Quero algo mellor para vós, e marchou de casa, non sei onde iría buscalo que nunca máis volveu. O meu avó púxose moi triste e colgouse. Colgábase todos os días despois de comer, ás cinco da tarde. A hora dos touros...”. Así explica Gustavo Pernas a historia familiar do Homesoga, un colgado profesional a quen o concello o convida a facer unha demostración nun teatro.

Nesta obra, Pernas volve tirar dos seus logomonos, é dicir, monólogos ao revés, caracterizados polo surrealismo e a ironía, que nos levan a gozar dunha comedia “esperpéntica”.

Con Colgados Ancora Produccións celebra o seu vixésimo aniversario sobre as táboas. Pernas asegura que mudaron moito as cousas desde entón, xa que o teatro popularizouse, aínda que os seus desexos para este sector son moito máis ambiciosos. Non obstante, agarda cumprir coa compañía outros 20 anos máis.

Cultura