Andaina Por+vida

O exercicio físico axuda a sobrelevar e superar o cancro, afirman dende a asociación fenesa.
11 de Xuño, 2019 - 02:05 h. | Publicada por Radio Fene

A xornada do domingo será presentada por Dani Ríos, que xa participou en varias ocasións ao longo destes anos coa asociación. O emprazamento sigue sendo, como en anos anteriores, a praza Alcalde Ramón Souto Glez, xunto á casa consistorial de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

A asociación oncohematolóxica POR+VIDA de Fene vai celebrar a X Andaina este domingo 16 de xuño. Coincide co 11º Aniversario do comezo do Programa de Educación Oncolóxica promovido polo concello de Fene, a cargo de José Barcia Tuccelli. Un programa que segue a impartirse no pavillón A Xunqueira de San Valentín. Rosa Graña afirmou rotunda esta mañá en Radio Fene que o exercicio físico axuda a superar o cancro e que esta escola foi pioneira na comarca.

Programa

De 10.00 a 10.30 horas está prevista a recollida de dorsais e a benvida ás persoas participantes na andaina que sairá ás 10,30h. Andaina circular, cun percorrido doado dunha hora polas parroquias de Fene e Perlío. De 11.30 a 12.30 horas desenvolvese na praza do concello a Xincana para as nenas e nenos de 3 a 6 anos, con entrega de premios. De 12.30 a 13.00 horas actuación musical e remate xornada con sorpresas.

Investigación

Na praza ubicaranse postos de articulos da asociación. E como en anteriores ocasións o recadado irá para axudar a loitar contra o cancro sexa en proxectos de investigación. En palabras da presidenta de Por+vida, Laura Cruz, nos últimos anos os cartos recadados foron para a Fundación Ramón Domínguez, para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. O propio Anxel carracedo convidou á asociación a visitalos e así o fixeron o ano pasado. Confirma Por + vida que este ano volverán participar na Carreira da Muller en A Coruña prevista para o domingo 22 de setembro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora